Hoxe foi un día cheo de sorpresas para @s nen@s da aula laranxa. A primeira hora, baixamos a equiparnos (poñer botas, pensar nas ferramentas que íamos necesitar) para acudir ao hortobn. O luns, Izan agosallóunos cuns pimentos para prantar, así que tiñamos que pornos mans á obra. Unha vez que nos equipamos, e coa axuda de María, fomos paso a paso comezando a traballar, sempre en equipo.
2º: Aboamos a terra con abono natural que nos trouxo a profe Lucía.
3º: Fixemos o buraco, prantamos, e fomos cubrindo a raíz con terra, deixándoo ben prensado.
Tan só nos quedaba regar!!
MOITAS GRAZAS FAMILIA, POLO VOSO AGASALLO!
A segunda hora, recibimos aos nenos e nenas da GALIÑA AZUL DE PASTORIZA, non vos podedes imaxinar a ilusión que lles fixo aos pequen@s de 3 anos, pois eran os maiores!!! Clicade na imaxe para ver como foi a experiencia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario