Non hai nada que máis lles guste aos nenos ca experimentar, e con esta experiencia puideron, sen dúbida, facelo!
Esta actividade tiña varios obxectivos: mellorar a motricidade das mans e dos dedos a partir de exercizos da vida práctica, traballar conceptos como enteiro/metade, sólido/líquido, coñecer novo vocabulario, e tamén, achegar aos nenos e nenas ao consumo de alimentos saudables como o son as froitas.
Primeiro, pensamos no que tiñamos que facer antes de porñernos mans a obra: lavar as mans. Logo, pensar en que materiais precisabamos para exprimir as laranxas: coitelo, exprimidor, vaso medidor, vaso individual e prato. Unha vez que os recopilamos todos, puxémonos mans a obra.
As veces era difícil pero logo collemos a práctica para poder facelo sós. Unha vez que cada neno exprimía a súa laranxa, botaba o seu zume nun vaso medidor, que nos permitiu comparar cantidades de líquidos, e traballar conceptos matemáticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario