Como cada mércores, tocou sesión de cociña. O primeiro que tivemos que facer foi adiviñar que había na bolsa que atopamos onte á volta do recreo: tras tocar cos ollos pechados, puidemos describir se o que tocábamos era duro ou brando, liso ou rugoso, frío ou quente, grande ou pequeno... Unha vez que abrimos a bolsa tocaba investigar que era o que nela había: 5 granadas e 2 aguacates. Tiñamos que pensar se eran froitas, verduras, legumes... Unha vez que resolvemos mediante a busca en internet, xurdiron preguntas: como son por dentro? Que imos cociñar con eles? Pois unha ricas tostadas de aguacate con granada.
Tivemos que pensar cantas tostadas necesitábamos, para iso, contamos cantos éramos na clase. 13. Iker foi o responsable de contar 13 tostadas.
Logo, tocaba cortar a granada para ir desgranándoa cada un no seu prato, así como tamén pelar o aguacate e comprobar como era por dentro.
Cada neno de maneira individual foi desgranando a granada cos dedos da pinza. Ao principio era difícil e mesmo raro tocala e manipulala, pero logo aprenderon como facelo.
Posteriormente, untamos a tostada con aguacate coa axuda dun coitelo..
Por último, só nos quedaba o último paso: degustala e saboreala!! Algúns, animáronse a repetir!!
Probar e achegar aos nenos e nenas a alimentos saludables é un dos obxectivos (entre outros) deste taller semanal de cociña! O máis importante, mandarlles aos nenos e nenas merendas saudables que teñan base nas diferentes froitas, pois temos unha ampla variedade de sabores e cores: fresas, kiwis, laranxas, mazás, plátanos, uvas, e un infinito etc!
No hay comentarios:
Publicar un comentario