lunes, 28 de enero de 2019

#somosdemonte

Todo comezaba o pasado venres. Coa chegada do novo trimestre, tiña lugar unha sorpresa no noso Espazo Fedelleiro (Encontxo forestal: http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-forestal.html). A porta estaba pechada, as luces apagadas...e no centro, unha fermosa instalación:
A partir dela todos os nenos e nenas de Barrionovo tiñan que reflexionar sobre os beneficios dos bosques e a necesidade de sostenibilidade dos mesmos, así como reflexionar acerca das dúas palabras que aparecían na instalación: FORESTAL e DEFORESTACIÓN.

O primeiro que fixemos, foi subir a bibiobn para buscar no dicionario o significado desa palabra: deforestación.


Unha vez que soubemos o que significaba, buscamos en internet imaxes a partir da palabra deforestación. Logo, baixamos a aula fixándonos nas fotografías de Chema Madoz que decoran o noso cole, pois unha delas estaba moi relacionada coa deforestación.


Foi doado atopala para os nenos e nenas. Ademais, xa os amigos e amigas de 4 e 5 anos nos deixaron unha pista: a palabra escrita debaixo. 

Finalmente, na aula reflexionamos co conto "Historia de un árbol", que relata a historia de unha árbore que se convirte nun armario despois dun longo proceso. Xurdiron dúbidas: como fixo a árbore para convertirse en armario? Seguiremos pescudando...









No hay comentarios:

Publicar un comentario