Na aula de 3 anos apareceu á volta do recreo unha bandexa con unha froita que moitos coñecían: o kiwi.
O encargado do día repartiu un prato, un coitelo e unha culler a cada nen@. Con esas 3 cousas, tiñamos que pensar con que e como dividir o kiwi á metade, para poder probalo e saborealo.
Coa actividade traballamos diversos conceptos loxico-matemáticos e sobre todo, aproveitamos para achegar aos nenos e nenas a alimentos saudables como son as froitas, e xogar a tocar, ulir, a adiviñar de que cor é por dentro. Todos probaron, e algúns quixeron repetir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario