domingo, 14 de enero de 2018

Recursos para o entroido

Para festexar o entroido, tendo en conta o proxecto anual deste curso, non se nos ocorreron mellores disfraces que os típicos galegos.
Galicia é un lugar onde o entroido se vive con moita intensidade e dependendo da zona podemos atopar moitísimos disfraces típicos que teñen a súa historia. 
O reto que vos propoñemos é que @s nen@s veñan disfrazad@s cun disfrace típico, podedes elexir o que queirades: peliqueiros, pantallas, xerais, choqueiros... 
Ademáis da información que vos proporcionabamos na nota do pasado venres deixámosvos aquí máis ideas e imaxes para que vos inspiredes.

Moitas gracias pola vosa colaboración e..FELIZ ENTROIDO!

Pinchade na imaxe para máis información:




No hay comentarios:

Publicar un comentario