lunes, 22 de enero de 2018

A máquina do tempo

Hoxe descubrimos unha nova app coa que aprender máis cousas de Galicia. A máquina do tempo do Consello da Cultura Galega, permítenos ver en realidade aumentada distintas pezas do noso patrimonio cultural.
Empregala é moi sinxelo precisamos unha tableta ou ipad, e imprimir as imaxes ou amoalas noutro dispositivo.
Nos fixémolo así:
Descargamos as app na tableta e no ipad e abrímolas nos dous dispositivos:

Seleccionamos a mesma peza nos dous dispositivos:

E agora, dámoslle a continuar nun dos dous dispositivos:
Ao darlle a continuar xa se nos abre directamente a cámara e con ela debemos capturar a imaxe que nos quedou no outro dispositivo. 
Así explicado pode resultar confuso, pero a aplicación é moi intuitiva.


A máquina do tempo from AULA LARANXA on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario