Durante estas semanas a nosa mestra en prácticas, Laura, estivo levando a cabo unha actividade enmarcada dentro do noso proxecto "A máquina do tempo".
En relación coa temática da escritura xa iniciada en sesións anteriores, realizamos a lectura previa dun conto no que se explican os inicios da mesma.
A continuación, realizamos as seguintes propostas en pequenos grupos que foron rotando cada día pasando así por todas as actividades.
-Area: realizar o trazo dun símbolo inventado por eles e trasladalo á cartolina coa area e pegamento. Escribir o nome dese símbolo.
-Arxila: representar a súa inicial na arxila empregando como modelo as escrituras cuneiformes. Para axudarnos usamos un molde triangular feito coa impresora 3D.
-Papiro: tratamos de imitar aos antigos exipcios coa elaboración da trama do papiro, recortando tiras de cartolina que despois pegamos sobre un soporte de cartón. Empregamos a regra para medir e despois recortar coas tesoiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario