Despedimos este curso cunha semana chea de actividades. O luns dia 17 celebramos no Auditorio o festival de fin de cuso, cun concerto de Pablo Díaz e coa actuación dos nenos e nenas de Barrionovo, acompañados polas familias. Ademais, os cativ@s de 5 anos foron os homenaxeados, pois dicíannos adeus antes do seu paso a primaria. Pinchando na seguinte imaxe poderedes desfrutar das imaxes que recollen a celebración:
O xoves día 20, as familias estaban convidadas a ver a nosa exposición #somosdemonte. Os pequenos e pequenas tiñan a misión de explicarlles e ensinarlles ás familias os traballos realizados ao longo do curso. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que os pequen@s foron os verdadeiros protagonistas, un día especial no que tiñan as persoas máis queridas escoitando e atendendo o que explicaban e ensinaban.
Por último, o venres 21 fixemos a última saída do curso, unha saída coa que pechamos este fermoso proxecto #somosdemonte. Unha proxecto que nos uniu, na procura de información, na realización de actividades, en cada encontxo, encontro, en cada saída... Pechamos o curso con boas sensacións e cunha mochila de experiencias!
Ata a volta! FELIZ VERÁN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario