sábado, 23 de junio de 2018

Fin de curso-Fin da volta a Galicia

E tras unha volta de 284 días, esta viaxe chega ao seu fin. Agora aos habitantes deste barrio tócalles un pouco de descanso para retomar forzas e comezar unha nova viaxe
Lembrade: no curso 2018/2019 en Barrionovo #somosdemonte.

Mentras tanto deixovos un resumo dos últimos días:
O encontro fin de proxecto, botar a vista atrás e ver todo o aprendido resulta moi gratificante, clickade na imaxe para ver máis no blogue da biblio.



Chegou o gran día: o Festival de fin de curso. Os nen@s fixeron a súa adaptación do conto Corre corre cabaciña:


E presentaron o seu particular resumo do proxecto:

Entrega de orlas e despedidas, clickade na imaxe para ver máis no blogue da biblio


E, por suposto, o croma coa participación das familias, grazas unha vez máis pola vosa colaboración.



E toca despedirse, remata o meu paso polo Barrio, breve pero intenso. Cheo de aprendizaxe grazas a nen@s, compañeiras e familias.
Nun día coma hoxe, a unhas horas da noite de San Xoán, os meus mellores desexos para tod@s, todo un pracer ter compartido este curso con todos vós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario