jueves, 10 de mayo de 2018

Dado Máxico: Hervé Tullet

Fixemos unha actividade de grafo creativa sacada do libro de Hervé Tullet Talleres de Arte. 
A cada artista lle damos un folio cun círculo no centro, ademais diso e pinturas precisamos un dado.
Tiramos o dado e o número que saia será o número de ollos que lle facemos ao noso monstro.
Tiramos o dado outra vez e o número que saia será o número de bocas.
Logo decidiremos o número de narices, o de brazos, o de pernas...
Para rematar se sae 1 ou 2 farémoslle pouco pelo, se sae 3 ou 4 pelo normal e se sae 5 ou 6 farémoslle moito pelo!!!
E así foi como sairon estes mostros.







No hay comentarios:

Publicar un comentario