sábado, 24 de marzo de 2018

Última semana do trimestre con moitos acontecementos

Tivemos o encontro trimestral dos novos lugares favoritos de Galicia dos nenos e nenas de Barrionovo, clicade na imaxe para saber máis:

Conmemoramos o Día Mundial da Poesía, coa nova lona para usar co retoproxector:

Coñecimos máis da Música Galega, da man de Ana, mamá de Martín da aula de 5 anos, todo un pracer a súa visita na que aprendimos moitísimo e o pasamos de marabilla!!!



E para o último día quedaba outra sorpresa. Con motivo do Día do Teatro, que será o próximo martes 27 de marzo, visitamos o "Teatro del Andamio", para disfrutar da obra Carapuchiña no faiado, podedes ver as caras dos nen@s... disfrutaron ao máximo, riron, participaron e descubriron que os lobos non sempre son tan malos como os pintan... Premede na imaxe para ver máis




Boas vacacións!!!! A coller forza para a recta final 💪😄

No hay comentarios:

Publicar un comentario