jueves, 18 de diciembre de 2025

miércoles, 10 de diciembre de 2025

TRABALLO EN EQUIPO

 Durante estas semanas a nosa mestra en prácticas, Laura, estivo levando a cabo unha actividade enmarcada dentro do noso proxecto "A máquina do tempo".

En relación coa temática da escritura xa iniciada en sesións anteriores, realizamos a lectura previa dun conto no que se explican os inicios da mesma.

A continuación, realizamos as seguintes propostas en pequenos grupos que foron rotando cada día pasando así por todas as actividades.

-Area: realizar o trazo dun símbolo inventado por eles e trasladalo á cartolina coa area e pegamento. Escribir o nome dese símbolo.


-Arxila: representar a súa inicial na arxila empregando como modelo as escrituras cuneiformes. Para axudarnos usamos un molde triangular feito coa impresora 3D.


-Papiro: tratamos de imitar aos antigos exipcios coa elaboración da trama do papiro, recortando tiras de cartolina que despois pegamos sobre un soporte de cartón. Empregamos a regra para medir e despois recortar coas tesoiras. 


-Mural: estampamos sellos relacionados con cada etapa da escritura nun mural.


Por último, para deixar constancia de todo o aprendido con esta actividade, realizamos un pequeno traballo de mesa.





miércoles, 19 de noviembre de 2025

EXPERIMENTOS

 Ao longo deste curso estamos a introducir unha nova secuencia didáctica relacionada coa ciencia: os experimentos.

Presentamos os materiais que precisamos, lemos e tratamos de comprender a secuencia de pasos para levalo a cabo e, antes de realizalo, formulamos as nosas hipóteses para tratar de averiguar que cremos que vai a suceder.




Por último, deixamos rexistrado este proceso.

lunes, 17 de noviembre de 2025

OS INICIOS DA ESCRITURA

A invención da escritura sinala o inicio da historia e, ao longo destes días, estamos aprendendo un montón de cousiñas relacionadas con este tema.

Inicios da escritura

Diferentes formas de escritura: intentamos descifrar os xeroglíficos exipcios para saber como se escribirían os nosos nomes naquela época.


Soportes: visionamos diferentes vídeos informativos para comprender estes procesos


-Arxila

-Pedra

-Papiro



-Pel (pergamiño)

-Papel

jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN 2025

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos durante estes días con motivo da celebración do Samaín.

-Receita: Biscoito de cabaza 





-Arte con cepillos de dentes


-Grafomotricidade creativa


-Visita á exposición de cabazas na biblioBN


-EncontXo in English coa lectura do conto "Boo" e cancións de samaín



miércoles, 15 de octubre de 2025

Plurinfantil

Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.

Benvida, Isabel!

lunes, 6 de octubre de 2025

PRIMEIRAS ACTIVIDADES DO CURSO

Xogamos a debuxar con Hervé Tullet.  





Facemos as nosas artistadas con cores e elementos de outono


Comezamos a traballar coa temática do proxecto para este primeiro trimestre: os inventos. 
Iniciamos co ferro de pasar e investigamos sobre a súa evolución ao longo do tempo. 

 

Coñecemos a Mary Potts (inventora do mango frío de madeira) e a Henry Seely (inventor do primeiro ferro de pasar eléctrico)
 



Aquí vos deixamos este xogo de elaboración propia que empregamos na aula para que os peques volo poidan explicar na casa.







Fixemos un experimento para comprobar a conductividade da calor e entender así razón de que o mango frío do ferro de pasar de Mary Potts fose de madeira. A manteiga derreteuse moi rápido na culler de metal e non na de metal ou na de plástico.





E, por último, deseñamos os nosos ferros de pasar do futuro tendo en conta que na actualidade xa existe un robot de planchado como o que puidemos ver no seguinte vídeo.