miércoles, 19 de noviembre de 2025

EXPERIMENTOS

 Ao longo deste curso estamos a introducir unha nova secuencia didáctica relacionada coa ciencia: os experimentos.

Presentamos os materiais que precisamos, lemos e tratamos de comprender a secuencia de pasos para levalo a cabo e, antes de realizalo, formulamos as nosas hipóteses para tratar de averiguar que cremos que vai a suceder.




Por último, deixamos rexistrado este proceso.

lunes, 17 de noviembre de 2025

OS INICIOS DA ESCRITURA

A invención da escritura sinala o inicio da historia e, ao longo destes días, estamos aprendendo un montón de cousiñas relacionadas con este tema.

Inicios da escritura

Diferentes formas de escritura: intentamos descifrar os xeroglíficos exipcios para saber como se escribirían os nosos nomes naquela época.


Soportes: visionamos diferentes vídeos informativos para comprender estes procesos


-Arxila

-Pedra

-Papiro



-Pel (pergamiño)

-Papel