jueves, 26 de marzo de 2020

XORNADA VII: #quedanacasa

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA VII
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos coas cancións que vos compartimos en días anteriores. Hoxe é día 26 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de meteogalicia.gal.


CONTO
Novo día, novo conto. O de hoxe fala de dous ratiños... mirade o que lles pasa!


Actividades a partir do conto:
     1. Conversa sobre o conto: cantos ratos aparecen?, onde vive cada un?
     2. Que fixeron?, a onde viaxaron?, onde quedaron a vivir ao final?
     3. Nunha cara do folio, escribir nome e data curta (26-03-2020)
     4. Pola outra cara, escribir o titulo do conto en lapis. Repasar con rotu.
     5. Fai un debuxo do que máis che gustou.
     6. Pensa 5 palabras que comecen por son "RRRR". Escribeas nun papel. 

MÚSICA
Na sesión de música desta semana, propoñemos traballar un ritmo moi sinxelo utilizando utensilios caseiros, neste caso dúas culleres! Podedes probar con diferentes materiais: metal, madeira ou plástico para comprobar como soa cada unha delas. Clave de Sol e Clave de Fa, propoñen unha danza popular Balcánica dunha das súas viaxes. Lembrade que o interesante é conseguir ir ao mesmo tempo!

Ademais, compartimos en primicia (dun xeito moi humilde) os nosos ensaios do "B.N. Rap", un estilo urbano de música que está moi presente nos EE.UU. unha das cidades que están a investigar na aula Laranxa que está chea de rañaceos! O autor deste poema musicalizado é "Mariño" o pai dunha alumna e membro da comunidade educativa. A base de rap creámola coa aplicación Incredibox. Gracias Mariño, CANTEMOS BEN FORTE PARA PODER PRONTO VOLVER ÁS AULAS:

 Querote BARRIONOVO!

MÚSICA
Se vos apetece podedes elaborar un instrumento musical con material de refugallo, pra levar o ritmo ou a melodía das cancións. Animádevos a facer a vosa propia orquestra na casa.
MATERIAIS:
Tambor: lata + globo

- Pau de chuvia: rolo de papel de cociña + palillos/tornillos/puntas + lentellas (pouquiñas).

A partir da elaboración, os nenos/as deberán coller un folio, onde terán que escribir o nome de cada  instrumento e os materiais que se empregaron pra sua elaboración. Deixade que sexan os nenxs que escriban sós. Podedes xogar a darlles pistas, como por exemplo: "Pista: a palabra tambor ten cinco letras".

TALLER DE LINGUAXE ORAL
Actividade deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.

RECORDADE
Recordade votar na ENQUISA así como a colaboración para a cantiga "WE WILL ROCK HOME":

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Gravade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos emails da escola:
abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Queremos agradecervos a vosa participación e animarvos a que o sigades facendo... MIL GRAZAS!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario