viernes, 28 de febrero de 2020
viernes, 21 de febrero de 2020
ENTROIDO 2020
Hoxe celebramos o entroido en Barrionovo, e a aula de 4 anos convertiuse nun equipo de executivos e executivas, pero dos de verdade!! Ían guapísim@s!!
No seguinte vídeo poderedes ver como pasamos a mañá en Barrionovo, acompañado/as sempre das nosas familias:
martes, 18 de febrero de 2020
XOGANDO A INVENTAR... II
Fai uns días, os nenos e nenas de 4 anos convertíanse en ilustradores e tiñan a misión de inventar e debuxar un personaxe libremente, e por suposto, porlle un nome.
Posteriormente, na asamblea, tiñan inventar unha historia ou conto, no que foran aparecendo os diferentes personaxes, e este foi o resultado:
lunes, 17 de febrero de 2020
ARTE CON REFUGALLO
Nas clases de arte, coa profe Mayte, estivemos traballando a obra de Romuald Hazoumé, un artista africano, nado na República de Benín. Descubrimos que utiliza materiais de refugallo que vai atopando, e dalle unha nova visión ás máscaras tradicionais africanas (Kaeletes); ademais de converterse nun acto reivindicativo utilizando bidóns de petróleo nas súas creacións e denunciando as inxustizas:
-"Non hai ningunha rúa en Benín onde non se atope un bidón"
-"Devolvo o que lles pertence, o lixo da sociedade consumista que nos invade cotidianamente"
Os vidóns, botellas de plástico, cables, ... son a proba de tantas cousas que nós tiramos, e que outros recollen e aproveitan, por iso sumámonos a esta reivindicación elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, que xeramos no propio cole e nas nosas casas, e comprometémonos a seguir loitando para salvar o planeta.
E...ISTO É ARTE!! Mirade o resultado final:
viernes, 14 de febrero de 2020
ENCONTROS BN: #MESTURARTE I
Ao longo do primeiro trimestre os nenos e nenas de Barrionovo viaxaron polo mundo para coñecer novas culturas: clicade na seguinte imaxe para poder ver o CROMA que fixo cada clase. BO TRABALLO!!!
martes, 11 de febrero de 2020
lunes, 10 de febrero de 2020
TALLER INTERNIVEL: LAND ART
Premendo na seguinte imaxe podedes ver como traballaron os nenos e nenas no taller internivel coa profe Mayte:
miércoles, 5 de febrero de 2020
martes, 4 de febrero de 2020
lunes, 3 de febrero de 2020
XOGANDO A INVENTAR...
Na aula laranxa os nenos e nenas tiñan a misión de crear un personaxe: soñalo, inventarlle un nome, e debuxalo en papel. Con eses personaxes elaboramos un conto entre todos/as; a continuación presentámosvolos:
domingo, 2 de febrero de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)