Tivemos o encontro trimestral dos novos lugares favoritos de Galicia dos nenos e nenas de Barrionovo, clicade na imaxe para saber máis:
Conmemoramos o Día Mundial da Poesía, coa nova lona para usar co retoproxector:
Coñecimos máis da Música Galega, da man de Ana, mamá de Martín da aula de 5 anos, todo un pracer a súa visita na que aprendimos moitísimo e o pasamos de marabilla!!!
E para o último día quedaba outra sorpresa. Con motivo do Día do Teatro, que será o próximo martes 27 de marzo, visitamos o "Teatro del Andamio", para disfrutar da obra Carapuchiña no faiado, podedes ver as caras dos nen@s... disfrutaron ao máximo, riron, participaron e descubriron que os lobos non sempre son tan malos como os pintan... Premede na imaxe para ver máis
Boas vacacións!!!! A coller forza para a recta final 💪😄
sábado, 24 de marzo de 2018
jueves, 22 de marzo de 2018
Plano interactivo do noso horto
Fomos os encargados de iniciar este mapa interactivo (thinglink) no que iremos colgando todo o que temos plantado no horto. Aproveitamos que floreceron os tulipáns para iniciar a actividade...pronto moito máis.
domingo, 18 de marzo de 2018
Semana da prensa: xornais galegos
Estivemos toda a semana a traballar sobre os xornais que se fan en Galicia, vimos as versións en papel e máis en dixital. Tamén vimos as distintas seccións e buscamos a sección adicada a Galicia.
Logo, na PDI, puxemos o nome das provincias e localizamos no mapa onde se editaba cada xornal; despois fixémolo de xeito individual nun A3. Bo traballo nen@s!!
Logo, na PDI, puxemos o nome das provincias e localizamos no mapa onde se editaba cada xornal; despois fixémolo de xeito individual nun A3. Bo traballo nen@s!!
martes, 13 de marzo de 2018
viernes, 9 de marzo de 2018
Saída ao Museo do Pobo Galego
jueves, 8 de marzo de 2018
8M: PIONEIRAS
Como saberedes levamos un tempo falando de mulleres Pioneiras galegas, que por distintos motivos fixeron historia, e nos coñecímolas grazas ao libro Pioneiras de Anaír Rodríguez.
Comezamos seleccionando a información que contén o libro e rexistrándoa na pantalla.
Logo, en equipos cooperativos, fixemos uns murais.
O mellor chegou ao final, gravamos un informativo, co resto de compañeiros. que hoxe presentamos.
Comezamos seleccionando a información que contén o libro e rexistrándoa na pantalla.
Logo, en equipos cooperativos, fixemos uns murais.
O mellor chegou ao final, gravamos un informativo, co resto de compañeiros. que hoxe presentamos.
Etiquetas:
8M,
aurea rodriguez,
BiblioBN,
biblioteca,
Bibliotecas Escolares,
croma,
Dia da Muller,
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA,
exeria,
pioneiras
lunes, 5 de marzo de 2018
Enxontxo: A xacia luviñas
sábado, 3 de marzo de 2018
Os tres porquiños
Suscribirse a:
Entradas (Atom)