O martes fixemos uns bombóns para degustar nestas festas. Clickade na imaxe para ver máis.
O mércores recibimos a visita do Apalpador, cheo de historias, xoguetes de madeira... os nen@s quedaron encantados e disfrutaron moito da súa compañía.
E como colofón...O FESTIVAL!!! Fixérono de marabilla!
Pinchade na imaxe para ver máis actuacións
Moitas gracias pola vosa colaboracións, desexámosvos un boas festas e que o 2018 sea un ano estupendo!
Hoxe unha sorpresa nos agardaba no espazo fedelleiro. A poesía express desprazabase a outro entorno... ao abrir quedamos abraiados, en silencio, como dicia a poesía, colocámonos, escoitamos e disfrutamos dos xogos de luces.
Un novo material que chegou para quedarse no espazo fedelleiro. Un lugar cheo de sensacións.
Hoxe celebramos os 4 anos de Artai. Deleitounos con un biscoito e cuns bombóns caseiros dos que xa tomamos nota e que veredes proximamente nunha receita.
Parabéns ás mestras, nen@s e familias que formabades parte o pasado curso da EEI de Barrionovo, polo premio recibido de parte da Consellería de Educación polo proxecto Non somos robots.
Desde aquí a miña noraboa por este merecido recoñecemento.
Hoxe esoitamos a Mª José recitar unha poesía de Vicente Huidobro, mentres os nen@s de 5 anos a acompañaban cunha metáfora visual e ao tempo que escoitabamos música de violín. Imposible empezar mellor o martes. Premede na imaxe para ver máis.
O venres, 1 de decembro, a Voz de Galicia publicaba unha nova explicando a nosa saída á praia de Sabón. Aquí podedes ver a nova na edición dixital do xornal.
Por un lado celebramos o Día Internacional da música. Para este festexo os habitantes da aula laranxa fixeron no taller de linguaxe oral que teñen todos os luns con Aida un xogo para a app TinyTap sobre os instrumentos tradicionais galegos.
Ademais visitounos María, mamá de Artai, que trouxo varios instrumentos tradicionais, e sobre todo, POR FIN VIMOS UNHA GAITA DE VERDADE!!!
Prema na imaxe para ver máis:
E, como non podía ser doutro xeito, conmemoramos o Día contra a Violencia de xénero. Aproveitando a visita de María, foi ela a que lle puxo voz a un time-lapse, feito polos nenos, cubrindo o Mapa de Fontán con lazos morados.
Deixovos a canción orixinal, de Guadi Galego, digna de ser escoitada con atención:
Tamén tivemos un Encontro con Ana Hermida, que nos falou de mulleres importantes na historia de Galicia, clicka para ver máis:
E por último, a vosa colaboración: DÁNDOLLE UNHA VOLTA Á IGUALDADE EN FAMILIA
O pasado martes fixemos unha saída á Praia de Sabón. Movímonos na zona intermareal vendo os animáis e algas que atopábamos e recollimos lixo para despois convertilo en arte, dentro do Proxecto Sea Change, que nos propuxo un reto a través dunha mensaxe que chegou nunha botella á escola.
Hai uns días Pablo levounos á horta da escola a plantar tulipán de diferentes cores.
Facíamos un buratiño, metiamos o bulbo, tapabamos con terra e por último, regábamos.
Agora toca esperar...
"Filosofar requiere capacidad de asombro, el constante afán por cuestionarlo todo, un intenso interés por desvelar el misterio de cuanto nos rodea y la inquietud por descubrir todas sus potencialidades. Actitudes naturales en los niños y niñas que la Filosofía entiende como una forma de ser en el mundo…" (http://filosofiaparaninos.org/programa-filosofia-para-ninos/)
O venres desfrutamos da festa do Magosto.
Comezamos cun Encontxo na BiblioBN, continuamos cuns xogos tradicionais e para rematar como nos podía ser doutro xeito...degustación de castañas!
Gracias pola colaboración cos cestiños, auténticas obras de arte!
Ao longo desta semana estivemos festexando o Samaín con distintas actividades:
Seguindo a guía de lectura do Samaín da BiblioBN tiñamos unha misión, ler 5 libros de medo e completar o noso carné do Samaín, se o conseguiamos o martes levaríamos un agasallo para a casa. Que pensades??Conseguímolo ou non?? Máis información cickando na imaxe.
O luns fixemos unha receta terrorífica, a salchi-momia!!!! podedes ver todo o proceso premando na imaxe:
O martes, antes da nosa visita ao CEIP de GALÁN, a poesía express tamén foi de medo, cunha ambientación terrorífica, escoitamos a Mª José recitar un poema de María Canosa, incluído no libro dos medos. Prema na imaxe para ver máis.
Hoxe, xoves, tivemos uns invitados de honor, a familia de Artai. María a súa nai leunos o conto A casa enmeigada.Moitísimas gracias pola vosa colaboración.
O martes 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares.
Aquí vos deixamos os vídeos que elaboramos para conmemorar este día tan importante.
Moitas gracias ás familias que colaboraron con nós.
Estes días estamos ampliando a información que temos colgada ao longo das escaleiras.
O primeiro día de cole vimos que había uns cadros colgados que se referían a distintos temas que traballaríamos ao longo do proxecto. Pouco a pouco imos engadindo persoeiros, acontecementos, obxectos...que imos traballando.
Primeiro escribimos unha etiqueta co que queremos poñer nas escaleira. Logo procuramos en internet unha imaxe para acompañar á etiqueta.
Unha vez que temos as fotos impresas e as etiquetas soamente nos queda ir ás escaleiras e colocar cada unha na súa categoría correspondente 👌
Seguimos a avanzar na lóxica-matemática a través do ABN.
Hoxe despois de facer as nosas rutinas fixemos unha actividade de distinción entre moitos e poucos, comparando entre dous pratos con diferentes cantidades de fichas, na práctica saíunos moi ben 👌
Logo, para pasalo ao papel, empregamos uns debuxos duns botes, un debíamolo encher con moitos gomets e outro con poucos gomets.
Por último aproveitando que estes días estamos vendo catálogos de supermercados fixándonos en aqueles que levan algún símbolo de Galicia (o que quere dicir que son productos galegos) debíamos encher un cesto da compra con moitos productos e outro cesto con poucos. Mañán tocaranos analizar que mercou cada nen@ 😉