lunes, 9 de octubre de 2017

Moitos-Poucos

Seguimos a avanzar na lóxica-matemática a través do ABN.
Hoxe despois de facer as nosas rutinas fixemos unha actividade de distinción entre moitos e poucos, comparando entre dous pratos con diferentes cantidades de fichas, na práctica saíunos moi ben 👌



Logo, para pasalo ao papel, empregamos uns debuxos duns botes, un debíamolo encher con moitos gomets e outro con poucos gomets.


Por último aproveitando que estes días estamos vendo catálogos de supermercados fixándonos en aqueles que levan algún símbolo de Galicia (o que quere dicir que son productos galegos) debíamos encher un cesto da compra con moitos productos e outro cesto con poucos. Mañán tocaranos analizar que mercou cada nen@ 😉




No hay comentarios:

Publicar un comentario