lunes, 16 de octubre de 2017

ÚLTIMOS ACONTECEMENTOS

Nos últimos días aconteceron unha morea de cousas en Barrionovo, aquí vos deixamos algunhas:

Na poesía express coñecimos o himno de Galicia e algún dos instrumentos tradicionais galegos. Preme na imaxe para saber máis

Descargamos a app Nonpiques-non peques para coñecer os mariscos e peixes galegos.

Co millo recollido no noso horto fixemos, coa axuda de Pablo, flocos de millo. Clicka na imaxe para ver máis:

O mércores, saíu a primeira carta para que nos axudedes a coñecer os vosos lugares favoritos de Galicia, Ainara Souto foi a primeira en levala.

Por últimos, lembrámosvos que este xoves faremos a primeira saída do curso, visitaremos a exposición A Arte no Cómic en Afundación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario