sábado, 23 de junio de 2018

Fin de curso-Fin da volta a Galicia

E tras unha volta de 284 días, esta viaxe chega ao seu fin. Agora aos habitantes deste barrio tócalles un pouco de descanso para retomar forzas e comezar unha nova viaxe
Lembrade: no curso 2018/2019 en Barrionovo #somosdemonte.

Mentras tanto deixovos un resumo dos últimos días:
O encontro fin de proxecto, botar a vista atrás e ver todo o aprendido resulta moi gratificante, clickade na imaxe para ver máis no blogue da biblio.



Chegou o gran día: o Festival de fin de curso. Os nen@s fixeron a súa adaptación do conto Corre corre cabaciña:


E presentaron o seu particular resumo do proxecto:

Entrega de orlas e despedidas, clickade na imaxe para ver máis no blogue da biblio


E, por suposto, o croma coa participación das familias, grazas unha vez máis pola vosa colaboración.



E toca despedirse, remata o meu paso polo Barrio, breve pero intenso. Cheo de aprendizaxe grazas a nen@s, compañeiras e familias.
Nun día coma hoxe, a unhas horas da noite de San Xoán, os meus mellores desexos para tod@s, todo un pracer ter compartido este curso con todos vós.


miércoles, 20 de junio de 2018

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO

O curso está chegando á súa fin...aquí vos deixamos as últimas actovidades, coma case sempre, coa BiblioBn de fondo:

Saída ao Museo Arqueolóxico da Coruña


Rematamos a liña do tempo da nosa historia, premede na imaxe para ver máis.


Os nen@s de AL acompañados por Aida, fixeronnos unha fermosa representación do texto "O Palacio das 7 xanelas, que Charo Pìta escribiu con motivo do día das bibliotecas inclusivas.
Marabilloso nen@s!!!!!
Premede na imaxe para ver máis:





martes, 19 de junio de 2018

Aniversario de Ainara

Ainara Souto, cumple no mes de xullo pero non quixo perder a oportunidade de celebralo xunto cos seus compañeir@s, por iso celebramos un cumpleanos adiantado. Comimos larpeira e biscoito que estaban riquísimos e pasámolo moi ben.
Parabéns Ainara!!!

domingo, 10 de junio de 2018

ENCONTROS COS NEN@S DE PdB

Esta semana estivo chea de actividade. Comezamos a semana visitando o colexio Ponte dos Brozos, para realizar actividades relacionadas coa biblioteca. Os nen@s de 1º de Primaria fixeron de anfitrións e pasámolo en grande.




O martes e o mércores fomos nós os anfitrións e ensinámoslles como traballamos cos escornabots e a impresión 3D. Fomos uns profes magníficos!!!





martes, 5 de junio de 2018

Peche do Feirón

Tras un intenso mes de descubrir palabras novas, poñemos fin a esta actividade. Aquí vos deixamos as últimas palabras e a recopilación.

Aturuxo:

Amorodo:

Fecho:

Recopilatorio:




Clickando na imaxe podedes ver un resumo dos traballo que fixemos a partir do feirón: