jueves, 27 de febrero de 2014
miércoles, 26 de febrero de 2014
MANDADIÑOS DO MÉRCORES
O mandadiño de hoxe pedía algo que puidera flotar.
.....pero....non tiñamos moi claro que era iso.
Despois de pensar, chegamos á conclusión que flotar era non afondar, e decidimos probar se as nosas cousas flotaban ou afundían.
Tiramos unha moeda, unha pedra e unha cuncha, e vimos que quedaban no fondo... e fomos botando os nosos patiños, peixiños, barcos, corchos, manguitos e tartarugas...
E.....¡¡ TODO FLOTABA!! MISIÓN CUMPRIDA
Ainda que despois nos xurdiu outra duda, que era o que Rosa levaba...que tamen flotaba.
Explicounos que era unha baliza de sinalización ou coreana, que utilizan os pescadores para saber ónde esta o aparello e as redes cando están pescando no mar.
GRACIAS ROSA!!
martes, 25 de febrero de 2014
lunes, 24 de febrero de 2014
PINTURA DO MAR
Descubrimos que o mar tamen garda "pinturas". Coñecemos o pigmento de coral.
Despois de mesturala con auga, pintamos unha estrela colorada.
MIRADE QUE BONITIÑAS QUEDARON!!!
martes, 18 de febrero de 2014
COÑECEMOS O NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIROS DE EQUIPO
Como xa recoñecemos e case escribimos o noso nome, toca empezar a coñecer os dos nosos compañeiros e compañeiras de equipo.
Fixamonos nas etiquetas, e buscámolos na táboa da pizarra, coloreando os cadros da cor correspondente.
...agora toca pasa-lo ó papel
escribimos o nome por detras....e LISTO.
E se nos equivocamos, tachamos para recoñecer os erros e aprender.
lunes, 17 de febrero de 2014
PESCANDO IDEAS: UNAI
A nasa viaxou con Unai e pescou unhas estrelas e uns polbos reciclados.
Tamen nos contou unha información moi interesante sobre os polbos: que son moluscos, teñen 8 brazos, que comen peixes pequeniños e cómo os podemos pescar cunha nasa.
E ademais, deixounos unha mensaxe moi importante.
Con todo o noso AMOR
Con algun día de retraso, hoxe celebramos o día dos Namorados, completando unha fermosa poesia.
Despois de ler o poema, fomos completando na pizarra
...e tamen nas nosas fichas.
Repasamos con rotuladores as letras e o titulo, e coloreamos.
¡QUEDARON PRECIOSAS!
PESCANDO IDEAS: YASMIN
Yasmin trouxo na nasa, un xogo de pescar peixes de cores.
Ensinounos que se pesca coa caña, que ten un anzuelo, onde se coloca o cebo para que queden presos os peixes.
O noso "TESELADO DE ESCHER"
Estes dias estivemos a traballar con este TESELADO de peixes de M.C. Escher.
Coloreamos con ceras os nosos peixes.....
....para facer o noso STOPMOTION no taller TIC, con Aida, e este é o resultado.
Pincha para ver o STOPMOTION
Pincha para ver COMO O FIXEMOS
sábado, 15 de febrero de 2014
TRABALLAMOS O NÚMERO 1
REPASAMOS OS NÚMEROS CON LÁPIZ, DESPOIS CON ROTULADORES DE COLORES.
COLOREAMOS O CANGREXO.
E FINALMENTE POÑEMOS O NOSO NOME POR DETRÁS.
miércoles, 12 de febrero de 2014
miércoles, 5 de febrero de 2014
PESCANDO IDEAS: ANTÍA
Antía trouxo na nasa unha botella cunha mensaxe moi importante
¡¡¡¡ AXUDAME A COIDAR O NOSO MAR !!!!
Tamén nos traía unha poesia que inventou coa sua nai, e unhas cunchas de mexilóns e berberechos.
TRABALLAMOS CON NOTICIAS
A fin de semana pasada unha noticia do noso mar, nos deixaba abraiados. "Olas xigantes destrozan as nosas costas"
Non foi dificil atopar nos xornais estas novas, asi que seleccionamos a seguinte:
Lemos a noticia, e descubrimos que se rexistraran olas de 8 metros, decidimos que para coñecer a sua altura que eran tiñamos que medir, asi que fomos colocando metros de papel no chan, ata que tivemos 8.
E despois, nos fomos colocando uns pegados a outros, para ver canto mais altas ca nos eran.
RESULTADO: as olas eran 8 veces máis altos que nos.
Despois , as profes deronnos unha etiqueta e a foto para pegar no noso xornal "A VOZ DO MAR".
lunes, 3 de febrero de 2014
MENSAXE PARA XOGAR A LER!
OS NENOS E NENOS DA AULA LARANXA, PEDIMOS ÁS NOSAS FAMILIAS, QUE NOS DEIXEDES FACER OS DEBUXOS DE "XOGAR A LER". AGRADECÉMOSVOS QUE NOS LEADES OS CONTOS QUE LEVAMOS OS VENRES PARA A CASA, PERO QUEREMOS QUE NOS DEIXEDES FACER A NOS OS DEBUXOS, E ESCRIBIR O TITULO DOS CONTOS.
VOS DEBUXADES MOI BEN,
PERO NOS TAMEN QUEREMOS APRENDER,
E PARA ISO NECESITAMOS
INTENTALO
LECTURAS DE PAZ-CIENCIA
A SEMANA PASADA ATOPAMOS UN SOBRE MISTERIOSO SOBRE O BAUL, QUE NOS INVITABA A LER CON PAZ-CIENCIA NA BIBLIOBN.
DESPOIS DE LER AS INSTRUCIONS, TODOS OS DIAS, SUBIMOS CO NOSO CARNET E COLLEMOS UN LIBRO DA GUIA DE LECTURA "Ler ciencia na biblioteca escolar".
ESTES FORON OS LIBROS QUE LEMOS:
E DESPOIS....FOMOS SELANDO O NOSO CARNET
ATA COMPLETALO
HOXE RECIBIMOS UN EMAIL NO QUE A BIBLIOBN NOS INVITABA A SUBIR E ENTREGALO.
PARA VER O QUE PASOU PINCHADE NA IMAXE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)