Estes días estamos ampliando a información que temos colgada ao longo das escaleiras.
O primeiro día de cole vimos que había uns cadros colgados que se referían a distintos temas que traballaríamos ao longo do proxecto. Pouco a pouco imos engadindo persoeiros, acontecementos, obxectos...que imos traballando.
Primeiro escribimos unha etiqueta co que queremos poñer nas escaleira. Logo procuramos en internet unha imaxe para acompañar á etiqueta.
Unha vez que temos as fotos impresas e as etiquetas soamente nos queda ir ás escaleiras e colocar cada unha na súa categoría correspondente 👌
No hay comentarios:
Publicar un comentario