Ao longo desta semana estivemos festexando o Samaín con distintas actividades:
Seguindo a guía de lectura do Samaín da BiblioBN tiñamos unha misión, ler 5 libros de medo e completar o noso carné do Samaín, se o conseguiamos o martes levaríamos un agasallo para a casa. Que pensades??Conseguímolo ou non?? Máis información cickando na imaxe.
O luns fixemos unha receta terrorífica, a salchi-momia!!!! podedes ver todo o proceso premando na imaxe:
O martes, antes da nosa visita ao CEIP de GALÁN, a poesía express tamén foi de medo, cunha ambientación terrorífica, escoitamos a Mª José recitar un poema de María Canosa, incluído no libro dos medos. Prema na imaxe para ver máis.
Hoxe, xoves, tivemos uns invitados de honor, a familia de Artai. María a súa nai leunos o conto A casa enmeigada.Moitísimas gracias pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario