Ademais visitounos María, mamá de Artai, que trouxo varios instrumentos tradicionais, e sobre todo, POR FIN VIMOS UNHA GAITA DE VERDADE!!!
Prema na imaxe para ver máis:
E, como non podía ser doutro xeito, conmemoramos o Día contra a Violencia de xénero. Aproveitando a visita de María, foi ela a que lle puxo voz a un time-lapse, feito polos nenos, cubrindo o Mapa de Fontán con lazos morados.
Deixovos a canción orixinal, de Guadi Galego, digna de ser escoitada con atención:
Tamén tivemos un Encontro con Ana Hermida, que nos falou de mulleres importantes na historia de Galicia, clicka para ver máis:
E por último, a vosa colaboración: DÁNDOLLE UNHA VOLTA Á IGUALDADE EN FAMILIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario