Nas clases de arte, coa profe Mayte, estivemos traballando a obra de Romuald Hazoumé, un artista africano, nado na República de Benín. Descubrimos que utiliza materiais de refugallo que vai atopando, e dalle unha nova visión ás máscaras tradicionais africanas (Kaeletes); ademais de converterse nun acto reivindicativo utilizando bidóns de petróleo nas súas creacións e denunciando as inxustizas:
-"Non hai ningunha rúa en Benín onde non se atope un bidón"
-"Devolvo o que lles pertence, o lixo da sociedade consumista que nos invade cotidianamente"
Os vidóns, botellas de plástico, cables, ... son a proba de tantas cousas que nós tiramos, e que outros recollen e aproveitan, por iso sumámonos a esta reivindicación elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, que xeramos no propio cole e nas nosas casas, e comprometémonos a seguir loitando para salvar o planeta.
E...ISTO É ARTE!! Mirade o resultado final:
No hay comentarios:
Publicar un comentario