miércoles, 11 de marzo de 2020

TRABALLO POR PARELLAS

Na aula laranxa, aproveitamos a última sesión da mañá de hoxe para facer traballo por parellas. Nesta ocasión, aproveitamos para traballar cos puzzle do recuncho de mates, algúns deles prestados polas familias. Moitas grazas a elas, porque así este rincón será cada semana máis enriquecedor para xs alumnxs.
O traballo por parellas permite aos nenxs a oportunidade de pedir e ofrecer axuda, en definitiva, de axudarnos, complementarnos, traballar en equipo e remar nunha mesma dirección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario