Bo día familias!
O mensaxe do día de hoxe vai dirixido aos NOSOS/AS NENOS E NENAS, e ás NOSAS FAMILIAS!! Grazas por estar ahí!! Dende o equipo de Barrionovo queremos mandarvos a seguinte mensaxe:
TODO VAI SAIR BEN!!
Ademais, queremos compartir convosco outra boa noticia: a impresora 3D da nosa escola está a traballar por unha moi boa causa. Premede na imaxe para máis información:
RUTINAS:
Comeza outra semana e con ela novas propostas para os nosos/as peques. Comezamos as rutinas observando o calendario de marzo. Podemos contar cos nenxs cantos días faltan por rematar o mes, e vamos ir pensando que mes vai comezar pronto. Pra iso coma sempre, escoitamos a seguinte canción:
Hoxe é luns, día 30 de marzo de 2020. A continuación, podedes recitar un poesía aos peques, que fala sobre o luns. Recitádella con calma, e unha vez que rematedes, mantede unha pequena conversa sobre ela.
Unha vez que rematades, que escriban a data curta nun folio (30-03-2020) e que fagan o seu retrato, fixándose nas súas características (moi importante): cor de ollos, pelo (rizo, liso, longo, curto), forma da cara, detalles da cara (cellas, pestanas...).
CONTO:
Novo día, novo conto. Esperamos que vos guste!!
Novo día, novo conto. Esperamos que vos guste!!
Actividades a partir do conto:
- Conversar sobre o conto.
- Imprimir ou debuxar un prato.
- Dentro do prato, fai a sopa seguindo a receita; trátase de debuxar círculos de diferentes maneiras, cantidades e tamaños dentro do prato. Podes repasar os círculos con rotuladores de cores e colorealos.
- Recorda poñer con lapis o teu nome por detrás.
Este podería ser un exemplo feito:
TALLER DE LINGUAXE ORAL:
Coa actividade de hoxe traballaremos a atención, a secuencia temporal e o razoamento verbal.
TALLER TIC:
Esta semana, deixamos á vosa disposición, unha proposta de APPS e materiais en liña, de diferentes editoriais que queren poñerse a disposición de familias e alumnxs, para combater da mellor maneira o tempo na casa. Clicando na seguinte imaxe, podedes acceder de maneira detallada a cada unha destas propostas:
GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, CONSTANCIA E POR ESTAR AHÍ... GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario