QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos, e facémolo ao son da seguinte canción:
FALADOIRO:
Hoxe é 23 de marzo de 2020. Escribimos a data curta: 23/03/2020, o noso nome... e visitamos a páxina de www.meteogalicia.es ou miramos pola fiestra. Comezou unha nova estación: a PRIMAVERA.
Conversamos acerca de:
- Que é a primavera? Que froitos se dan nela? Que roupa levamos? Fai frío, calor? Se nos fixamos na canción que cada día escoitamos daranos pistas sobre esta nova estación:
MÚSICA:
E se queredes seguir escoitando música, podedes disfrutar co seguinte rock infantil titulado "La primavera ya llegó", unha versión rockera de Abel Camacho.
CONTO MUSICADO: "La primavera de Vivaldi".
GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA:
Coa chegada da primavera, as paisaxes énchense de flores. Por iso, é un momento significativo para traballar cos pequenxs as formas, as cores e as súas mesturas, cunha actividade artística coa que poderedes encher de flores e color as vosas casas.
- Materiais:
- folio (branco ou de cores)
- pintura de dedos ou témpera
- tenedor, botella de plástico, bastonciños ou os propios dedos
- Deixámosvos algunhas ideas para inspirarvos, ainda que a mellor estratexia é a imaxinación:
MÚSICA: Neste libro cheo de sons, "Fuerte, Suave e tranquilo", atopamos unha casa moi singular que descubrimos dentro do proxecto #mesturarte , na aula de música.
Aprende un pouco máis a través deste TinyTap.
Por favor, seguide compartindo connosco as tarefas dos vosos nenos e nenas, que nos enchen de satisfacción e ilusión!! Grazas por seguir ahí.
aulalaranxa@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario