QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos, e facémolo ao son das seguintes cancións:
Hoxe é 24 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de www.meteogalicia.es ou miramos pola fiestra. Os que queiran, poden escribir a data curta: 24/03/2020, o nome, e facer o debuxo de si mesmo. Perfilámolo e coloreámolo.
ACTIVIDADES A PARTIR DO CONTO:
- Conversa sobre o conto: quen era a protagonista, que lle pasaba, por que, como acabou a historia.
- Escribir con lapis nome e data curta por unha cara do folio.
- Pola outra, escribir o título do conto con lapis. Repasar con rotulador.
- Facer un retrato de Flora ou de Micha, tendo en conta como é o seu pelo, os seus ollos... Tedes tres opcións, elexide unha:
Nova proposta da profe Katrina: "the good things jar" ou bote das cousas boas e bonitas. Clicade na seguinte imaxe pra ver a proposta:
XOGO DE LINGUAXE:
Preme na imaxe para ver o xogo de hoxe proposto para traballar a linguaxe.
O mes de marzo, ten como homenaxeado no noso calendario ao pintor e escultor galego JORGE PETEIRO, nacido na Coruña.
Peteiro converteu a pintura nun caleidoscopio cheo de imaxes construídas coa cambinación das cores. Como se pode observar, utilizaba moitas cores, sempre rotuladas con cor negra.
ACTIVIDADES PROPOSTAS:
- Ver cos pequenos/as as diferentes obras de Jorge Peteiro, e comentalas.
- Falar de cal lles gustou máis, menos, por que, e a temática de cada unha delas.
- Coller un folio e escribir nome e data curta (24/03/2020)
- Pola outra cara do folio facer o seu propio cadro inspirándose en Jorge Peteiro.
- Aqueles que víchedes a visita guiada pola Torre de Hércules do 17 de marzo podedes xogar a buscar as torres que hai nos cadros do pintor, rodealas e debuxalas.
Por favor, seguide compartindo connosco as tarefas dos vosos nenos e nenas, que nos enchen de satisfacción e ilusión!! Grazas por seguir ahí.
aulalaranxa@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario