PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA II
COMENTAMOS EN FAMILIA
Algo anda a pasar nas casas da xente estes días... Observa e comenta: cantas cousas atopas do revés?
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario. Seguimos a traballar o homenaxeado do mes de marzo que comezamos a traballar no Muncyt e na escola: JORGE PETEIRO (pintor). Podedes buscar obras de arte deste pintor na rede e analizalas verbalmente: que cores aparecen, se son tristes ou alegres, que cores non aparecen nelas, por que será, miramos a ver se podemos identificar algunhas cousas que nelas aparecen...
Hoxe é 17 de marzo de 2020, e seguimos na estación do... INVERNO. Escribimos a data curta (17-3-20), o noso nome... e miramos o tempo en www.meteogalicia.es ou mirando a través das fiestras.
SESIÓN DE POESÍA: "PAXARIÑA DE PAPEL".
Esta poesía tamén ten unha versión musical de "A banda dos cueiros" que podedes escoitar premendo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=5oR5YtJ3ZjI
ACTIVIDADES QUE PODEDES FACER A PARTIR DELA:
- Comentar a poesía.
- Escribir o título nun folio "PAXARIÑA DE PAPEL".
- Facer o debuxo do que máis lle gustou.
- Por detrás, escribir o nome e a data curta: 17/03/2020
EXPERIMENTO: O ARCO DA VELLA LÍQUIDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario