miércoles, 25 de marzo de 2020

XORNADA VI: #QUEDANACASA

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA VI
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos coas cancións que vos compartimos en días anteriores.

Hoxe é día 25 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de www.meteogalicia.gal. Ás veces na aula traballamos coas regletas, asociando algúns números á regleta que corresponda. Preme na imaxe:

Despois de ver os números e a súa regleta podemos xogar a este sinxelo xogo pra coñecelas un pouco máis. Preme na imaxe:

POESÍA
Como cada mércores en Barrionovo, temos poesía express. A de hoxe está sacada dun libro de Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas, titulado "Pompas de Cores":

O poema versa sobre unha babosa ou lesma, que ve voar sen parar a unha fermosa bolboreta chea de cores. Cores, xusto o que ela necesita.


Actividades a partir do poema:
     1. Imprimir ou debuxar a seguinte bolboreta nun folio (do tamaño e cor que teñades).
     2. Trazar liñas (horizontais) a lapis. Repasalas con rotulador.
    3. Decorar con diferentes trazos, cada espazo da bolboreta (os trazos que se vos ocorran, TODOS SON VÁLIDOS): zig-zag, círculos, liñas, estrelas, triángulos, nubes... 
     4. Sempre escribimos o nome e a data pola cara traseira.

TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA
Os mércores é o día no que os nenos e nenas da aula laranxa baixamos ao Espazo Fedelleiro a facer un taller de mates. Como durante un tempo non vai ser posible, aquí vos deixamos a seguinte proposta de descomposición numérica para que desfrutes e levedes a cabo cos vosos fill@s:

Podedes compartir a través dos comentarios como resultou, enviar un vídeo do proceso, foto, ou rexistro con lapis e papel (por exemplo, 1+1+1+1+1+1=6;  2+2+2= 6...). Trátase de que os nenos e nenas vaian dándose conta en como podemos descompoñer de diferentes formas o número seis. Debuxar a cantidade que sae nos dados, ir rodeando ou agrupando, e coller de xeito inmediato as moedas que correspondan, son estratexias que axudarán aos nenos e nenas a ir fedellando e descubrindo de maneira sinxela e clara esa descomposición.

PSICOMOTRICIDADE
Unha proposta de psicomotricidade con material de refugallo que seguro que tedes nos vosos fogares. Animádevos a facela!

TALLER DE LINGUAXE ORAL
Dende a aula de A.L deixamos unha actividade a modo de xogo para traballar as praxias. Premede na seguinte imaxes para vela:


ENGLISH
Se queredes ver como se traballan as rutinas nas clases de inglés con Katrina premede na seguinte imaxe:

Recordade votar na ENQUISA así como a colaboración para a cantiga "WE WILL ROCK HOME":

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Gravade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos emails da escola:
abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Queremos agradecervos a vosa participación e animarvos a que o sigades facendo... MIL GRAZAS!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario