Como vimos facendo nos últimos anos, colaboramos co Centro Comercial Aberto de Arteixo na súa campaña por UN NADAL SOLIDARIO.
Nela participamos os centro educativos e veciños, decorando postais que se expoñerán nos comercios para que o público e as familias as recollan a cambio de alimentos non perecedoiros. Ademáis por cada postal recollida Arteixo CCA donará 0,15 € a Cáritas para a compra de alimentos frescos.
Como este ano estamos co proxecto #somosdemonte, a decoración das nosas postais a fixemos cun elemento natural moi noso: unha rama de piñerio, e con papeis troquelados.
O primerio que fixemos foi
pintar o fondo da postal utilizando a rama do piñeiro como un pincel.
Despois, troquelamos distintos papeis para decorar o noso fondo.
E por último, pegamos libremente os troquelados polo fondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario