Primeiramente contounos como fixeron a plantilla: foi seu irmán Pablo quen a axudou, ademais de seus pais. Dixo que o pasaran en grande.
Esta é a plantilla que fixo Ainara coa súa familia, que pasará a formar parte do noso recuncho das TIC.
E como podemos xogar con ela? Ainara explicounos que o primeiro que temos que facer é coller unha carta, e pedir axuda para lela. Cando sepamos o que pon, poñemos o escornabot na saída, e temos que chegar con el ata o elemento de outono que nos tocou na carta.
Moitas grazas familia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario