jueves, 15 de noviembre de 2018

Coas mans na terra.

Con motivo do mes da ciencia, na aula de 3 anos comezamos a preparar o noso experimento. Como comezou? Cunhas mesas e unha bolsa de terra, ao carón do noso horto...

O primeiro que fixemos foi tocar a terra, ver se era branda, dura, fría, quente, suave, rugosa... ademais, estábamos moi atentos haber se atopábamos algunha pedriña.



Logo, xogamos con ela; fixemos castelos, montes, coches..



Despois, collemos  cada un unha media, e enchémola de terra. 



Finalmente, cada neno colleu unhas poucas sementes, mezclounas coa terra..


E este foi o resultado: 


Que pasará? Que pensades que vai a ser o noso experiemento? Pronto saberedes algo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario