lunes, 15 de junio de 2020

DESPEDIDA PROXECTO: #mesturArte

BO DÍA FAMILIAS!

Esta é a semana das despedidas... hoxe queremos adicar a xornada á despedida do noso proxecto anual #mesturarte, no que tiñamos a misión de viaxar polo mundo na procura de novas culturas e civilizacións.

Para iniciar o proxecto, iniciamos en setembro unha xornada de motivación, na que repartimos aos nenos e nenas cadanseu pasaporte, e na que puidemos subir a un avión simbólico na nosa BiblioBN. A partir de ahí, os nenos e nenas de cada aula decidiron mediante votación, que casa da mundo investigar. Unha vez que decidían que casa, comezábamos a investigar.

Para investigar o escollido, utilizamos 4 vías: 
   - a nosa biblioBN,
   - as bibliotecas das aulas
   - a axuda e colaboración das familias
   - a procura na internet

No seguinte vídeo, intentamos facer un resumo xeral sobre como se desenvolveu o proxecto, que esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos!


Ademais, queremos recordar o croma que grabamos convosco "VIAXA EN BARRIONOVO". Queremos en nome de todo o equipo, darvos as grazas pola vosa disposición e colaboración coa escola!


Logo, se queredes, podedes cubrir o pasaporte que os nenos e nenas levaron para a casa a pasada semana, onde podedes rexistrar algunha viaxe que fixerades en familia. Aquí tedes un modelo de como cubríamos cada viaxe na escola:

A profe Lara quere despedir a clase de música e despedirse de todos vós e dedicarvos unhas palabras. Pincha na imaxe:

A profe Aida déixavos un novo xogo de estimulación da linguaxe oral para xogar coa lingua e as palabras que se chama "Busca e atopa". Pincha na imaxe:

No hay comentarios:

Publicar un comentario