martes, 16 de junio de 2020

DESPEDIDA FIN DE CURSO: AULA ROSA

BO DÍA FAMILIAS!

Seguimos coa semana das despedidas. Hoxe queremos adicar a xornada aos compañeiros e compañeiras de 3 anos, da aula rosa. Chegaron en setembro con ilusión, e tamén con medos. Pronto se uniron alegres á familia de Barrionovo. Os nen@s de 4 e 5 anos estiveron sempre dispostos a axudalos e coidalos. No seguinte vídeo, poderedes ver como foi o seu percorrido por este primeiro ano de escola. Peques, que pasedes un moi feliz verán, vémonos á volta! Desexamos que vos guste:

E para que gardedes un bonito recordo  deste curso con todos os compañeir@s, aquí tedes a vosa orla deste curso 19/20:
Se queredes podedes volver a ver o vídeo #quedanacasa que con agarimo as profes vos mandamos ao inicio do cofinamento. Un bico forte!

Como cada día, podedes seguir traballando cos nenos e nenas a linguaxe a través da blogue de Audición e Linguaxe. Preme na imaxe para ver o xogo de hoxe:

No hay comentarios:

Publicar un comentario