Hoxe celebramos o aniversario de Alejandro. O seu aniversario era mañá Sábado pero non se ía a librar da celebración no cole. Cantamos, rimos, sopramos as velas, pedimos dexesos, bailamos, sacámonos fotos e ata lle tiramos das orellas!😆 Felices 4 anos Alejandro!
viernes, 3 de junio de 2022
jueves, 2 de junio de 2022
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA DEIXA PEGADAS NA NOSA CLASE
Aquí ensinámosvos as plantillas "housemade" que fixeron algunhas familias para xogar co escornabot. Plantillas que logo ensinaron no cole os seus creadores aos compis con moitas ganas, e claro non pudiemos resistir a xogar con elas durante o curso. Moitas grazas familias por participar!
Julia e Anxo elaboraron plantillas cos elementos que forman o espazo
Marina elaborou unha plantilla sobre as constelacións que podemos atopar no ceo
miércoles, 1 de junio de 2022
A PROFE IRENE VISITÁNOS AO COLE!
Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole, porque despois de varios meses visitounos a profe irene para lernos un conto! e non un conto calquera senón que nos leu o conto titulado "Baby Pop", un libro educativo que nos conta como é a vida dun bebé no ventre da súa nai durante os 9 meses do embarazo, sabedes por que nos leu este conto?... porque Irene está embarazada, por iso non pode vir ao cole esta tempada para coidar do seu bebé. Tamén descubrimos que ía ser nena e ata soubemos o marabilloso nome que ía ter, Minia.
Ademais Irene contounos que nos botaba moito de menos, asi que nos tiña un par de agasallos preparados que non puidemos resistir a abrir! Un de eles era o conto de "Clementina y los planetas" e o outro un libro titulado "Superpegatinas todos a la luna" que teñe un montón de pegatinas relacionadas co proxecto de este ano, o espacio!
O que non sabía é que nós tamén a botabamos unha chea de menos así que tamén lle tiñamos unha sorpresa preparada, un chaveiro co nome de Minia que fixemos coa impresora 3D!
Moitísimas gracias por todos eses detalliños, foi unha visita moi especial para nós! Volve sempre que queras!...e se é con algo nas máns mellor que mellor!😆
martes, 31 de mayo de 2022
URANO O PLANETA CONXELADO
Despois de estar a investigar sobre o planeta Saturno, tocoulle a quenda ao sétimo planeta do sistema solar, Urano. Para iso, primeiramente na asemblea descubrimos algunhas das cousas que caracterizan a este planeta, o cal é moi pero que moi frío, ademais de que tamén ten aneis pero son tan pequenos que son super difíciles de ver.
Cal será o derradeiro planeta que nos falta por descubrir? 😎


















