martes, 31 de mayo de 2022

URANO O PLANETA CONXELADO

 Despois de estar a investigar sobre o planeta Saturno, tocoulle a quenda ao sétimo planeta do sistema solar, Urano. Para iso, primeiramente na asemblea descubrimos algunhas das cousas que caracterizan a este planeta, o cal é moi pero que moi frío, ademais de que tamén ten aneis pero son tan pequenos que son super difíciles de ver.

 
 
 Unha vez analizada toda a información, descubrimos que o rato Paco deixáranos algunhas cousas na asemblea, unhas cubetas de xeo xunto cuns depresores de cores, por que nos deixaría iso? Despois dunha larga conversa chegamos á conclusión de que a Paco gustaríalle que experimentásemos o frío que fai no planeta Urano, pero... como lograriamos crear xeo?, asi que tivemos que volver pensar... ata que descubrimos necesitariamos auga, do lavabo, e frío, do conxelador do comedor. Pero non fariamos calquera xeo, senón que para que fose máis divertido botámoslle un pouco de alegría e cores.
 
 



 
Pasaron uns días, decidimos ir buscar as cubetas de xeo para ver se efectivamente a auga conxelouse.
 
 
E asi foi! 😱 pero ao volver a clase, Paco volveu facer das súas! Deixara un papel branco enorme na asemblea.... así que decidimos pintar sobre el xa que tiñamos os xeos de cores, pasámolo pipa!
 

 

Cal será o derradeiro planeta que nos falta por descubrir? 😎

No hay comentarios:

Publicar un comentario