Neste último trimestre contamos coas seguintes propostas:
-Construción con pezas Meli Stick
Neste último trimestre contamos coas seguintes propostas:
-Construción con pezas Meli Stick
Desde fai uns meses estamos realizando unha nova dinámica consistente en levar a cabo diferentes actividades en pequeno grupo no momento da entrada. Dividímonos en 4 pequenos grupos e imos rotando cada día polas distintas propostas.
-Construcións
Ao longo do mes de abril, levamos a cabo dous experimentos con auga que nos resultaron moi interesantes.
No primeiro comprobamos como as velas precisan de osíxeno para manterse encendidas e no momento en que ese osíxeno se agota porque a tapamos cun bote de vidro a vela apágase e a auga introdúcese dentro do bote para igualar a presión atmosférica.
A semana pasada puidemos crear a nosa propia neve mediante un experimento moi sinxelo.
Só precisamos auga e un cueiro.
A zona dos imanix deu paso ás pezas korbo cun montón de engrenaxes cun sinfín de posibilidades de creación tanto en plano como en altura.
Onte preparamos a masa e deixámola levedar.
Durante estas semanas a nosa mestra en prácticas, Laura, estivo levando a cabo unha actividade enmarcada dentro do noso proxecto "A máquina do tempo".
En relación coa temática da escritura xa iniciada en sesións anteriores, realizamos a lectura previa dun conto no que se explican os inicios da mesma.
A continuación, realizamos as seguintes propostas en pequenos grupos que foron rotando cada día pasando así por todas as actividades.
-Area: realizar o trazo dun símbolo inventado por eles e trasladalo á cartolina coa area e pegamento. Escribir o nome dese símbolo.
-Arxila: representar a súa inicial na arxila empregando como modelo as escrituras cuneiformes. Para axudarnos usamos un molde triangular feito coa impresora 3D.
Ao longo deste curso estamos a introducir unha nova secuencia didáctica relacionada coa ciencia: os experimentos.
Presentamos os materiais que precisamos, lemos e tratamos de comprender a secuencia de pasos para levalo a cabo e, antes de realizalo, formulamos as nosas hipóteses para tratar de averiguar que cremos que vai a suceder.
A invención da escritura sinala o inicio da historia e, ao longo destes días, estamos aprendendo un montón de cousiñas relacionadas con este tema.
Inicios da escritura
Diferentes formas de escritura: intentamos descifrar os xeroglíficos exipcios para saber como se escribirían os nosos nomes naquela época.
Soportes: visionamos diferentes vídeos informativos para comprender estes procesos
-Arxila
-Pedra
-Papiro
-Pel (pergamiño)
-Papel