martes, 3 de febrero de 2026

TRANSMISORAS NO TEMPO

No seguinte enlace podedes ver e practicar coas nenas e nenos na casa algunhas das actividades que estivemos facendo en función das informacións que nos foron chegando en relación coas avoas e bisavoas: a que adicaban o tempo, como se divertían, como era a vida antes...
Buscamos as idades das nosas transmisoras no tempo nas fotos colgadas polas escaleiras do cole e anotámolas nun papeliño. Despois, na aula, buscamos eses números na táboa do 100 da pantalla.


E, a continuación, ordenamos as idades de menor a maior e rexistramos individualmente nunha táboa impresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario