martes, 3 de febrero de 2026

TRANSMISORAS NO TEMPO

No seguinte enlace podedes ver e practicar coas nenas e nenos na casa algunhas das actividades que estivemos facendo en función das informacións que nos foron chegando en relación coas avoas e bisavoas: a que adicaban o tempo, como se divertían, como era a vida antes...
Buscamos as idades das nosas transmisoras no tempo nas fotos colgadas polas escaleiras do cole e anotámolas nun papeliño. Despois, na aula, buscamos eses números na táboa do 100 da pantalla.


E, a continuación, ordenamos as idades de menor a maior e rexistramos individualmente nunha táboa impresa.

lunes, 2 de febrero de 2026

EXPERIMENTO: NEVE NO CUEIRO

A semana pasada puidemos crear a nosa propia neve mediante un experimento moi sinxelo.

Só precisamos auga e un cueiro.


martes, 27 de enero de 2026

ÁMBITO DE ARQUITECTURA E LÓXICA (2º TRIMESTRE)

 A zona dos imanix deu paso ás pezas korbo cun montón de engrenaxes cun sinfín de posibilidades de creación tanto en plano como en altura.


Cambiamos os materiais do espazo de grandes construcións con animais introducindo as pezas gigi, teas, paus e insectos.


Renovamos os crebacabezas e introducimos novas bandexas con diferentes propostas relacionadas coa lóxica, a orientación espacial, a concentración ou a resolución de problemas.


A nova proposta guiada de miniarquitectos consiste na libre creación con cartón e ferramentas makedo. Como punto de partida, estamos iniciándonos no uso do punzón e do desparafusador.


miércoles, 21 de enero de 2026

COCIÑAMOS PIZZA

Onte preparamos a masa e deixámola levedar.


Hoxe fomos recollela á neveira.

Amasamos, botamos os ingredientes e metémola no forno.
E aquí tedes o resultado!