miércoles, 8 de junio de 2022

NEPTUNO O ÚLTIMO PLANETA DA NOSA VIAXE ESPACIAL

Estes días por fin chegamos ao último planeta da nosa viaxe pola sistema solar, Neptuno. Primeiro puxémonos a investigar sobre algunhas curiosidades deste planeta azul. Descubrimos que é o oitavo planeta do sistema solar, que é un planeta tan frío como Urano e que estaba formado por gas metano, un gas que lle dá esa característica cor azul. Sabiades que o seu nome fai referencia ao deus romano dos océanos por ser de cor azul.

 
 
Unha vez recollida esta información sobre o planeta Neptuno, démonos conta de que o rato Paco deixáranos algo no seu cofre secreto e claro non nos puidemos resistir a ver o que había dentro. No seu interior atopamos varias cousas: vinagre, bicarbonato de sodio, unha botella de plástico e varios globos. Para que servirían? Despois dun duro debate na asemblea, decidimos probar e ir mesturando os diferentes elementos na botella, ata que... pump💥 ! O globo inchouse igual que o planeta gaseoso Neptuno!
 



Como ao final sobraban moitos globos, xa que o rato Paco foi previsor, decidimos levarnos un cada un para poder facelo na casa! Se as familias queredes tentalo botádelle un ollo ao vídeo de abaixo 👀!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario