jueves, 20 de enero de 2022

EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS DE VENUS

Nestes días andamos a investigar moito en relación co planeta Venus. Aprendemos que é o máis quente de todo o Sistema Solar e o que conta con máis volcáns.

Para coñecer un pouquiño máis acerca de como funcionan os volcáns, puxémonos mans á obra e fixemos un experimento para comprobar como estes entran en erupción e expulsan a lava.

Aquí vos deixamos os pasos a seguir por se o queredes repetir na casa:

-Cubrir unha botella con plastilina imitando a forma dunha montaña.

-Encher 3/4 partes da botella con vinagre.

-Botar medio vasiño de auga.

-Engadir unha cucharadiña de deterxente de lavar os pratos.

-Se queremos que a "lava" saia de cor vermella engadimos unhas gotiñas de colorante alimentario vermello.

-Por último, botamos unha cucharada de bicarbonato e agardamos a que o noso volcán entre en erupción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario