Hai uns días, aproveitando algunhas castañas que nos sobraron da festa do magosto, o ratiño Paco propúxonos un novo experimento: probar a plantar unha destas castañas. Para facelo deixounos no baúl da aula unha castaña, unha botella de plástico cortada á metade, terra, unha pa, unha regadeira e un cachiño de papel de cociña.
O primeiro que fixemos foi empregar a pa para encher a botella coa terra, a continuación introducimos a castaña coa parte lisa para abaixo (previamente a castaña cortámoslle a puntiña para favorecer a xerminación). Unha vez feito isto, colocamos un cachiño de papel cubrindo a castaña e finalmente botamos un pouquiño de auga.
Agora temos que estar moi atent@s para observar se comeza a xermolar un castiñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario