viernes, 15 de octubre de 2021

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

O ratiño Paco deixanos cada día un conto agochado no baúl da clase e a semana pasada o conto viña con sorpresa. Ao subir do patio as luces da aula estaban apagadas, escoitábase unha música relaxante e Paco estaba subido na mesa de luz co conto “Pequeno azul e pequeno amarelo”.


Escoitamos moi atentos o conto e ao acabar practicamos a mestura das cores azul e amarelo (con círculos de papel celofán e con témperas) e descubrimos que se convertían en verde. Despois, co pincel, intentamos debuxar círculos coa cor verde resultante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario