martes, 21 de septiembre de 2021

RECUNCHOS DA AULA

Durante estes días de adaptación ao cole, estamos a descubrir os diferentes recunchiños de xogo que temos na nosa clase. Cada día hai unha zona da aula cuberta cunha tea laranxa que temos que destapar.

-COCIÑA: xogo simbólico.


-ANIMAIS E COCHES: dinosauros, animais da granxa e pista de coches para construir.


-ARTE: diferentes propostas artísticas. Neste caso, actividade de creación libre con gomets.


-MESA DE LUZ E EXPERIMENTACIÓN: diferentes materiais translúcidos para empregar na mesa de luz e area cinética e animais na mesa de experimentación.


-TICS (PDI E ROBOTS): creacións libres na PDI, iniciación no uso do escornabot xogando con plantillas coas nosas fotos e presentación do botley e xogo empregando o mando.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario