Esta semana demos a benvida na aula laranxa ao curso 20/21, un curso diferente, que afrontamos con ganas e ilusión. Queredes ver que estivemos facendo na aula esta semana?
DECORAMOS OS NOSOS ESTOXOS
Cada neno e nena vai ter o seu estoxo persoal, no que contará con lapis, goma, ceras... Cada un, decorou libremente o seu:
DECORAMOS OS NOSOS PERCHEIROS
Ademais todos temos o noso percheiro individual fóra da aula, que decoramos cunha pista do que será o noso proxecto deste curso.
"HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS"
Este foi o primeiro conto deste curso. A partir del, pensamos e compartimos diferentes maneiras de expresar o cariño aos demais, pois os bicos e as apertas van ter que esperar.
Despois do conto, escribimos o título, e debuxamos a parte que máis nos gustou:
No hay comentarios:
Publicar un comentario