DURANTE ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS, KATRINA E OS NENOS E NENAS, ESTIVERON A TRABALLAR CUN LIBRO CHAMADO THE GINGERBREAD MAN, UNHA FÁBULA INGLESA TRADICIONALMENTE RELACIONADA COA FESTIVIDADE DO NADAL.
ADEMAIS DE LER O CONTO, VER O VÍDEO E ESCOITAR A CANCIÓN DE THE GINGERBREAD MAN, OS NENOS E NENAS APRENDERON VOCABULARIO XOGANDO CO ESCORNABOT, CUNHA NOVA PLANTILLA RELACIONADA CON ESTA HISTORIA.
POSTERIORMENTE, REALIZARON UNHA MANUALIDADE NA QUE TIÑAN QUE SELECCIONAR OS INGREDIENTES DA RECEITA E DECORAR O GINGERBREAD MAN.
POR ÚLTIMO, COMO COLOFÓN DESTA UNIDADE E SORPRESA DE NADAL, COCIÑARON NO FEDELLEIRO UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE XENXIBRE. OS MOLDES EMPREGADOS FABRICÁRONSE ESPECÍFICAMENTE PARA A OCASIÓN COA NOSA IMPRESORA 3D. OS DESEÑOS FORON TIRADOS DA PÁXINA THINGIVERSE.
A CADA ALUMNA E ALUMNO AGASALLÓUSELLE UN MOLDE REALIZADO NA IMPRESORA 3D QUE XUNTO COA RECEITA, LEVARON PARA CASA PARA QUE POIDADES VOLVER COCIÑAR OS GINGERBREAD MEN DE NOVO.
Untitled from biblio BN on Vimeo.
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario