Con motivo do mes do Libro, que une o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) co Día Internacional do Libro (23 de abril), na Biblio BN, como non podía ser doutro xeito, está habendo moitos acontecementos:
presentamos o vídeo que elaboramos inspirándonos no lema deste ano do Día Internacional do libro infantil "os libros fan grande o máis pequeno"
Como sabedes, estades todas as familias convidadas a participar na actividade "As familias tamén contan", podedes traer un libro que teñades na casa ou vos deixamos algún da Biblio. Agardámosvos!!
No blogue da Biblio podedes ver algunhas familias que xa se animaron a participar.
Visitamos a Biblioteca Miguel Sande, para gozar cun contacontos a cargo de Marisa Irimia, clickade na imaxe para ver máis:
E aínda estamos na metade do mes...aínda queda moito que contar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario